Category Archives: Actividades

Un secreto en Ventín

É un paxaro? É un avión? Non! É o final de curso que xa está aquí. As rapazas e rapaces de Ventín xa estamos pensando no último día de clase e na festaza que queremos montar. Estamos planificando o menú,elixindo as cancións, a decoración,etc. As monitoras teñen un plan “tope secreto” para nós. Que será? Din que a foto do blog é unha pista…


Mans á masa!!

¡Esta semana metimos as máns na masa! Tivemos unha visita moi especial. Recibimos con moita alegría a Elvira, unha panadeira e pasteleira coa que tivemos a sorte de facer un obradoiro.  Aprendemos a facer pizza caseira con ingredientes naturáis, sans e riquísimos! Para facer a masa necesitamos: fariña, levadura de panadería, sal e auga. ¡Nada máis! Logo fixemos o tomate engadindo tomate triturado, ourego,

Saber Máis


Baróutica

En Barouta, xa case rematando o curso, poñemos punto final ao noso programa de actividades coa invención do noso prototipo de robot.  Logo funhas xornadas de aprendizaxe e de descubrimentos, como funciona un robot e as partes principais que o compoñen, pasamos á seguinte das fases: o deseño do noso prototipo.  En grupo, as nosas nenas e nenos deseñaron o robot, que tal como

Saber Máis


A nosa linguaxe secreta

Divididos en dous grupos deseñamos as normas ortográficas e gramáticas dunha nova linguaxe e escribimos un pequeno texto que os nosos compañeiros debían descifrar.  Este xogo axudounos a comprender mellor a linguaxe de programación.  Remataremos o curso sendo expertos en robótica!


Pensamento computacional

Como xa vos contamos, no Agro estivemos traballando o pensamento computacional e comezamos a comprender como os robots reciben e executan as ordes que damos. Pero xa nos cansa os de facer nós de robots, remangámonos, collemos as ferramentas e puxémonos mans á obra! Por agora só fixemos uns prototipos de carcasas, pero… todo se a dará!! Preparádevos!


Carreira cooperativa de robots

As nenas e nenos de Ventín estamos aprendendo moito sobre robótica. As monitoras trazamos un circuíto que os rapaces debían superar co seu “robot humano”. Cada equipo debía programar a ruta e guiar ó seu robot con indicacións básicas como diante,atrás,dereita…etc.  Pasámolo moi ben e foi unha forma moi divertida de poñer en práctica o traballo cooperativo e a resolución de conflictos.


O xogo libre

Esta semana foi cortiña e calurosa así que disfrutamos do xogo libre no patio. As crianzas precisan explorar e xogar sen directrices, de forma libre co sostén e compaña das monitoras. Nestas alturas de curso o cansancio apremia; horarios, exames, actividades dirixidas… En tardes divertidas fluiron moito estes tres días e a creatividade fixo que creasen xogos en equipo moi divertidos e cheos de

Saber Máis


Tango veu a vernos

Esta semana tivemos unha visita moi especial na Escola de Educación Infantil do Milladoiro; Tango veu a vernos! Con motivo da chegada dun mellor tempo e encadrada na nosa programación de ecoloxía e coidado da natureza e dos animais, tivemos o pracer de ter a visita de Tango. Nada máis velo, os nenos correron cara el a toda velocidade, pero o noso Tango é

Saber Máis


Relaxamos e modelamos

Comezamos unha semana máis na Maía con moitas ganas e enerxía. Cada vez os nenos e nenas están máis ansiosos pola chegada do verán, para calmar estos nervios, propuxèmoslle unha actividade de relaxación, que consistía en poñerse por parellas e masaxearse coas xemas dos dedos moi coidadosamente. Ademais tamén realizamos unha actividade de modelado, reciclando papel, puxemos auga nuns cachariños e a continuación colocamos

Saber Máis


Unha Campioa Europea

En Ventín recibimos unha visita que foi para nós un exemplo de superación, de esforzo e de inspiración: a Campioa Europea de Para-Karate, Cristy Tojo!!  Non só nos falou da súa experiencia deportiva senón que compartiu con nós as vivenzas e os obstáculos co atopou polo camiño e como os foi superando con moita disciplina.  Ademais destas leccións de vida ensinounos katas, a facer

Saber Máis