Category Archives: Actividades

Xuntos, outra realidade

Esta semana na Escola de Educación Infantil do Milladoiro decidimos aproveitar a ocasión para realizar un gran puzzle de tardes divertidas. Para elo, primeiramente elaboramos unha grande imaxe cos nomes de todos. Posteriomente, pola outra cara, dividimos esa imaxe en pezas dun puzzle e démoslle cada peza a un neno para que crease algo que os representase. Deste xeito, decidimos facer unha composición en

Saber Máis


Somos tribo

Nas Tardes do Agro somos unha tribo. Pero para selo de verdade precisamos ter algún rasgo distintivo que nos caracterice. Pois, niso estamos! Pensando que é o que define á tribo de Tardes Divertidas e creando elementos que nos identifiquen. Para comezar, inventamos un vocabulario moi especial con palabras que só nós coñecemos, e plasmamolo nun dicionario! Por aquilo de que non se nos

Saber Máis


Descubrimos os Tecnoinventos

Na Maía comezamos con novo bloque temático, e para darlle un pouco de emoción sobre que imos facer, preparouse un xogo de pistas no que os nenos e nenas tiveron que correr de moitas formas distintas, imitando a todo tipo de animais… Por todo o patio do colexio estaban esparaxidas diferentes adiviñas, que a solución das mesmas, ofrecían de premio unha letra.  Como todas

Saber Máis


Malena a balea

Como xa sabedes, nas Tardes de Maía sempre facemos un oco moi especial para a animación á lectura. Un dos libros cos que traballamos esta semana, conta a historia de Malena, unha rapaza con sobrepeso que recibe as burlas das súas compañeiras e compañeiros. O conto traballa sobre a autoestima e a aceptación dunha mesma, partindo da premisa de que se unha persoa se

Saber Máis


Un chío, unha historia

Con esta actividade pretendemos fomentar a creatividade e a cooperación das nosas rapazas e rapaces. En pequenos grupos, fixemos a nosa propia obra literaria no formato de rede social. Contamos con tan só 140 caracteres e unha palabra que lle indicamos previamente para inspirar os nosos escritores e escritoras. A palabra elexida foi valente, a partir dela saíron tres historias nas que se abordou

Saber Máis


Pintamos en 3D

Esta semana en Barouta fixemos unha pequena parada na temática deste mes, para facer outro novo experimento, algo que lles entusiasma moito. Con ingredentes cotiás, que habitualmente temos por casa: fariña, sal, auga e colorantes, elaboramos unha pintura de 3D coa que seguimos a descubrir a gran creatividade dos nosos nenos e as nosas nenas. 


Igualdade?

Durante esta última semana na Escola de Educación Infantil do Milladoiro decidimos poñer en marcha unha actividade de igualdade.  Para elo dividimos o grupo en dous grupos, un de nenos e outro de nenas e ambientamos a historia nas antigas fábricas de costura. E como tal, decidimos facerlle un encargo; a elaboración dunhas chaquetas. Os diferentes grupos puxéronse a pintar e coser as diferentes

Saber Máis


Viva o entroido

Esta semana en tardes divertidas de Barouta, como non podía ser doutra maneira, celebramos a chegada dunha das épocas máis bonitas do ano: o Entroido. Por unha banda, a través do conto “É tempo de Entroido”, fixemos un pequeno percorrido polos distintos Entroidos que hai na nosa terra, coñecendo un pouco máis da súa historia, as súas máscaras e os seus traxes.  Por outra

Saber Máis


A tribo marcou ritmos

Reciclando rolos de papel e botes fixemos maracas e un tambor.  Enchemos todo de cor e durante a semana, xunto con culleres e ata un djembé, as crianzas atoparon momentos para poñer en marcha as percusións e que a tribo animal conecte coa Terra! Papá tutupá!!!!


Spot para a Paz

As nenas e nenos de Ventín aproveitamos o bo tempo para xogar, xogar mooooito. Desfrutar da carvalleira, xogar todos xuntos, xogar por separado, participar en xogos organizados, xogar facendo o tolo/a. En resumo. Ser nenas/os. E que sucede cando a xente pasa tanto tempo xunta? Pois que aparecen os conflitos. E os conflitos hai que solucionalos dialogando e do diálogo nace o noso spot

Saber Máis