Somos artistas: crear, cantar, rir, bailar…

Durante este curso  abordaremos a música, o teatro e o cine, a través dos cales os nenos e nenas crearán novas realidades, novos mundos posibles:

  • O significado non se limita ao que as palabras poidan expresar
  • Diversidade, individualidade e sorpresa
  • Compartir e crear ocasións para o descubrimento
  • Improvisación
  • Etc

que lles permitan novos e distintos modos de comunicación e expresión, desenvolvendo as competencias individuais interrelacionadas co social, a través da sensibilización, a experimentación, a imaxinación e a creatividade.

O noso proxecto está composto por por tres aspectos fundamentais: apoio educativo e técnicas de estudo, hábitos alimenticios e hixiene e proposta pedagóxica.

Apoio educativo e técnicas de estudo

O programa de Tardes Divertidas inclúe unha parte imprescindible de “Apoio Educativo e técnicas de estudo”, o horario no que se desenvolve este programa fan imprescindible que se realice esta función, función que se adaptará ás idades e necesidades dos nenos/as.

Hábitos alimenticios e hixiene

Este tempo dedicado á merenda pretende inculcar nos nenos e nenas hábitos de hixiene e alimentación sans, así como rutinas á hora da mesma.

Partimos da base de que son necesarios uns hábitos de hixiene á hora da merenda tales como o lavado de mans, o uso de panos, comer coa boca pechada, non tocar as merendas dos demais, lavar as mans e a boca ao rematar, etc.

De igual modo, consideramos de grande relevancia que os nenos e nenas fagan unhas merendas equilibradas. A través do equipo de nutrición do Concello de Ames, conseguimos contar cuns menús equilibrados e nutritivos para os nenos e nenas. Os menús semanais poden consultarse na páxina web do concello.

Tamén cabe destacar que o establecemento de pautas de comportamento á hora da merenda é un aspecto esencial no servizo, conseguir que os nenos e nenas estean sentados na zona destinada á merenda durante a mesma, que recollan xogos e xoguetes antes deste tempo… A adquisición destas rutinas será o traballo principal nos primeiros días do programa.

A negociación e o consenso será a base da relación entre o equipo de monitoras e os nenos e nenas para que, de maneira natural e progresiva, consigamos inculcar hábitos saudables nas nenas e nenos.

PROXECTO PEDAGÓXICO

O proxecto dividirase en tres bloques temáticos principais dividido en tres trimestres: